Julio García Comesaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, físico |
Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, actual conselleiro de Sanidade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela (1993) coa especialidade de Electrónica e fixo anos máis tarde un mestrado en administración sanitaria.
Comezou a traballar en radiofísica en 1993 no policlínico Povisa de Vigo, despois no hospital Universitari Vall d'Hebron, e finalmente no Hospital do Meixoeiro de Vigo, do que foi director de centro e posteriormente director operativo do hospital (2005-11). En 2013 foi nomeado subdirector xeral de ordenación asistencial e innovación organizativa do SERGAS. Foi director de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo, e en 2018 foi nomeado xerente da área sanitaria de Ourense. En 2019 pasou a ser xerente da área sanitaria de Vigo.[1]
En setembro de 2020, foi nomeado conselleiro de Sanidade por Alberto Núñez Feijóo.[2] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ David Lombao (5 de xullo de 2019). "O Sergas envía a Ourense ao xerente da área sanitaria de Vigo, que acumula peticións de dimisión". Praza.
- ↑ David Reinero (6 de setembro de 2020). "Feijóo muda de conselleiros de Sanidade e Educación en plena pandemia a catro días da volta ás aulas e nomea un vicepresidente económico". Praza.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julio García Comesaña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Jesús Vázquez Almuíña |
Conselleiro de Sanidade 2020 - actualidade |
Sucesor: no cargo |